Problemas de Tratamiento de Aguas Residuales Industriales
26. Unha industria química xera unha auga residual que posee as seguintes características medias:
Caudal = 20 L/s; Butanol (CH3-CH2-CH2-CH2OH) = 100 mg/L; Ácido propanoico (CH3-CH2-COOH) = 140 mg/L; Sólidos en suspensión (SS) = 400 mg/L; [Ni2+] = 5 mg/L
a) A DBO total da auga residual debida á presenza do butanol e do ácido propanoico.
b) Se se puidese eliminar selectivamente só o ácido propanoico, oxidándoo ata CO2 con cloro, proceso no que este se reduce a cloruro, axuste a reacción molecular de oxidación/redución que tería lugar e calcule o volume diario de cloro, medido en condicións normais que sería preciso empregar.
c) Se a auga que se verte –unha vez depurada-, contén 25 mg de sólidos por L, e pola liña de fangos se obteñen lodos húmidos cun 80% de humidade, que cantidade se retirará anualmente desos lodos húmidos?
d) Se se disminúe a concentración de Ni2+ precipitándoo por adición estequiométrica dunha solución de hidróxido de sodio, cal será o consumo diario deste reactivo? Cal será a concentración de Ni2+, expresada en ppb, na auga residual unha vez tratada? Dato: Ks(Ni(OH)2) = 5,5 x 10-16
18. Para abrandar unha auga que contén 80 ppm de Ca2+, trátase con Na2CO3. A concentración de CO32- no equilibrio, despois do tratamento, é de 10-4 moles/l. Calcule:
a) A dureza da auga despois de ser tratada.
b) Canto Na2CO3 por L de auga será necesario engadir para reducir a dureza a dito valor. (Expréseo en mg/L)
Dato: Ks(CaCO3) = 5 x 10-9
12. Unha auga residual industrial foi sometida ao ensaio de incubación durante cinco días para a determinación do valor do parámetro DBO5. A tal fin diluíronse 6 mL de auga residual ata un volume de 500 mL e nesta disolución se determinou a concentración de osíxeno disolto antes do ensaio de incubación e ao finalizar o mesmo, obténdose os valores de 7 e 1 mg O2/L, respectivamente. Cal é o valor do parámetro DBO5?
14. Descárganse por erro 40 kg de ácido acético nun depósito que contén 1.000 m3 de auga. Calcule canto aumenta a DBO total da auga do depósito a causa do ácido acético vertido (considere que este pode biodegradarse totalmente ata dióxido de carbono).
21. Unha determinada industria xera 500 L/h de auga residual cun contido de 60 mg Ba(II) por L. Se para eliminar o Ba(II) se opta por precipitalo en forma de fosfato de bario (II), mediante o emprego de fosfato de sodio, calcule a cantidade de fosfato de sodio que se necesitará diariamente, e que cantidade de lodos, cunha humidade do 55%, se retirará anualmente.
23. Unha auga residual, da que se verte un caudal medio de 1.200 m3/h, posee as características que a continuación se indican:
Sólidos en suspensión: 600 mg/L; Ácido palmítico (CH3-(CH2)14-COOH): 100 mg/L; Fosfatos: 95 mg/L
Por esixencias legais, desexase depurala ata disminuir as concentracións aos valores seguintes:
Sólidos en suspensión: 35 mg/L; Demanda Bioquímica de Osíxeno: 25 mg O2/L; Concentración de fosfatos < 0,2 mg/L
a) O peso diario de lodos, expresado en toneladas, orixinado ao eliminar os sólidos en suspensión tendo en conta que se retiran cunha humidade do 40%.
b) A demanda Bioquímica de Osíxeno (DBO) que terá a auga residual. Considere que todo o ácido palmítico se oxida ata dióxido de carbono e auga.
c) Rendemento que debe esixirse a un sistema de depuración aerobio para rebaixar a DBO aos valores sinalados.
d) A concentración de fosfatos na auga, expresada en ppm, unha vez que precipitara todo o fosfato posible por adición da cantidade estequiométrica necesaria de cloruro de aluminio. Cumprirá este valor a lexislación? Dato: Ks(AlPO4) = 1,3 x 10-20
20. Unha industria química xera unha auga residual que posee as seguintes características medias:
Caudal = 80 L/s; Etanol = 130mg/L; Ácido metanoico = 400 mg/L; Sólidos en suspensión = 500 mg/L; [Pb2+] = 3 mg/L
a) A DBO total da auga residual debida á presenza de etanol e do ácido metanoico.
b) Se se puidese eliminar selectivamente só o ácido metanoico, oxidándoo ata CO2 con dicromato de potasio en medio ácido, proceso no que o dicromato se reduce ata Cr3+, axuste a ecuación iónica de oxidación redución que tería lugar e calcule o volume diario de solución de dicromato de potasio 2M, expresado en m3, que sería preciso empregar.
c) As toneladas anuais de lodos húmidos, retiradas cun 40% de humidade, que se producirán se os sólidos en suspensión se reducen ata 30 mg/L.
d) Se se disminúe a concentración de Pb2+ precipitándoo por adición estequiométrica dunha solución de carbonato de sodio, cal será o consumo diario de carbonato de sodio sólido de riqueza 95%? Cal será a concentración de Pb2+, expresada en ppb, na auga residual unha vez tratada? Dato: Ks(PbCO3) = 1,5 x 10-13